viernes, 21 de diciembre de 2012

Epopeia do Casón

O grandísimo Roberto Traba Velay tamén se fai eco deste acontecemento, e aló polo 8 de decembro do 1989, con motivo do segundo cabodano e da construción dunha copia a escala do barco escribe e le este romance no muelle:
Veciños desta Fisterra,
escoitade atentamente
a historia que fai dous anos
confundio a nosa xente
Imos hoxe a recordar
co corazón e ca mente
a traxedía dquel día
que inda hoxe está presente.
Presentadevos no muelle
pra que quede eternamente
a protesta de Fisterra
nos ollos do mundo presente.
Todo sucedeu un día
de pouca preocupación,
a xente o que máis pensaba
era en mercar o turrón
pois o Nadal se achegaba
e xa había animación
tanto aquí mesmo en Fisterra
como en Cée ou Corcubión.
De pronto chegaron novas
que chamaban a atención
dun barco que viña a valga
e se chamaba Casón.
E puxémonos alerta
pois a Xunta non sabía
nin o que o barco levaba
nin o que o barco traia.
A xente non se fiaba
do que aquí acontecía
nin da prensa, nin da radio
nin do que a tele dicía.
Pois tantas cousas dixeron
e tal batifondo había
que tanta contradicción
a todos nos confundía.
E transcurriron os días
co barco aquí embarrancado
sin que ninguén pois supera
nada de todo o tinglado,
En manifestación fomos todos
polas ruas do poblado
pedindo as explicacións
do que aquí tiña pasado.
E namentras uns decían
que todo está controlado
outra xente respondía
esto cheirame a queimado.
Fuxide pronte de ahí!!!
dicían moi alarmadas
xentes que estaban afora
noutros sitios emigradas.
E qué pensaríamos nos?
Oindo tales chamadas
que dende os Estados Unidos
facían ata as cuñadas.
Moitos con moi bo criterio
deixándose de parvadas
collían as equipaxes
e marchaban evacuadas.
Ante esta situación
apareceu un fulano
de traxe e con gabardina
que semella americano.
Chamábase o tal Madiedo
e era por aquel ano
todo un xefe da mercante
con todo o seu corpo serrano.
Non debía valer moito
este tío tan marrano
que deixou marchar a xente
para algún lugar lonxano.
Xunto con este individuo
apareceu no lugar
un homiño da Coruña
un tal Moreno Aguilar.
E estos dous xuntos montaron
un follón tan singular
que aquí nin Dios se enteraba
do que podía pasar
E Chegou González Laxe
nun helicóptero do Sar.
Non pasa nada nos dixo
e aquí non quixo quedar.
Algúns que estaban nas casas
comenzaronse a asustar
cando din no televexo
que o barco vai a extoupar.
Enriba de todo esto
para dar máis que falar
ven o profesor Bermejo
co seu informe a informar.
Disque a o barco leva a peste
que unha nube vai formar
de tanto producto tóxico
que a todos pode matar
Semellantes batifondos
sucedían en Fisterra
que aquí máis que estar en Paz
parecíamos en guerra,
e o que máis e o que menos
iba fuxindo para Serra
en cches ou camións,
todos marchaban da terra.
Pero fúmonos en orden
solo algun rapaz que berra
pois accidentes non houbo
na evacuación de Fisterra.
Mentras moitos escapaban
xente quedaba esperando
os camións que decían
xa nos estaban chegando.
E oindo os estoupidos
había xente chorando,
mulleres, homes e nenos,
todos na morte pensando.
E os que fuxiran nos coches
na radio iban escoitando
que hai que evacuar a zoa
pois a larma está saltando.
...E viñeron camións
e convoies militares,
dende A Coruña pra baixo
contábanse por millares.
Máis o chegar a Fisterra
“pòlas almas de los mares”
aquí non quedaba naide
pra podelos evacuares.
Uns xa estaban nas ciudades,
outros bebendo nos bares
todos pensando que nunca
volverán por estos lares.
O pobo quedou valdeiro
tan só uns poucos quedaron
gardando as casas dos cacos
un bo servicio prestaron.
E logo voltou a xente
mentres os días pasaban
e as cousas que sucederan
uns aos outros se contaban.
E houbo un grande silencio
e os políticos calaron
quedando pois moi mal vistos
por aqules que os votaron.
Non me quero recordar
daqueles tristes momentos
e despois pra dar a nota
e pra deixarnos contentos
déronnos dez mil pesetas
quedando ainda pufentos
e casi chamando por elo
a toda Fisterra famentos.
Ai!! Habría que evacuar
a máis de catro elementos
que como estos señores
andan polo mundo a centos.
Nada máis desto se dixo
maís o que puido pasar
o millor nos neste día
non poideramos contar.
Mandaron os de REDESA
o Casón a desguazar
e Santa Cruz, perro vello
aquí non quixo quedar.
Seria polo mal tempo
polo que poida pasar
pero os homes do desguace
dispuxéronse a marchar.
E quén ten a culpa de todo
debémonos preguntar.
Nos pensamos que está claro
e a resposta imos a dar.
Agora que somos Europa
e que podemos falar
reclamenos todos xuntos
que hai que protexer o mar
e protestando fagamos
que se teñan que evacuar
aqueles que nas poltronas
o mar non saben cuidar.
E para rematar a historia
que acabamos de contar
vinde ao muelle todos xuntos
as castañas a xantar.
E non esquezades nunca
pois debedes recordar
a humillación que sufrimos
sin nos pinchar nin cortar.
Botádelle pois a este lume
e non deixedes no mar
os barcos que calquer día
ben poiderannos matar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario